..::"Creo que é possible vivir sen música, aínda que non sería agradable"(Brian Molko)::..

27 abr 2020

1º de Primaria - Semana 6

SEMANA 6

Moi ben ese ritmo do Brasil!! 

Esta semana volvemos coa lectura rítmica relacionando as palabras coas figuras musicais como vemos na imaxe. 


Temos que ir lendo ao ritmo que marcan os vagóns do tren, sen perder o pulso. Non é fácil, porque vai bastante rápido, pero se o practicades un pouquiño sairá seguro. Premede no vídeo para ver como é a actividade.



Podédela facer varias veces de distintas formas, como facemos na clase:

1. Lendo con palabras: NUBE-SOL
2. Lendo con palabras e palmas
3. Sen dicir as palabras. Tocando o ritmo con palmas ou con algo que faga de baquetas e tambor (recodade ir pensando as palabras na cabeza!)



musichans2@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario