..::"Creo que é possible vivir sen música, aínda que non sería agradable"(Brian Molko)::..

26 abr 2018

Gravación para a editorial Xerais

Os días 24, 25 e 26 de abril, varios nenos e nenas da escola participaron na gravación de tres discos de cancións infantís para a editorial Xerais. Trátase dos CDs do método de educación infantil "Flocos de millo", cun total de 56 cantigas adaptadas ao galego por Paco Barreiros. Foron dous meses de ensaios e traballo duro que tiveron a súa recompensa cunha experiencia inesquecible gravando como profesionais nos estudios A Pastora. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario