..::"Creo que é possible vivir sen música, aínda que non sería agradable"(Brian Molko)::..

26 abr. 2018

Danza Elegante

Os nenos e nenas de 4º de Primaria ensaiando a 
"Danza elegante", de Austria.



Gravación para a editorial Xerais

Os días 24, 25 e 26 de abril, varios nenos e nenas da escola participaron na gravación de tres discos de cancións infantís para a editorial Xerais. Trátase dos CDs do método de educación infantil "Flocos de millo", cun total de 56 cantigas adaptadas ao galego por Paco Barreiros. Foron dous meses de ensaios e traballo duro que tiveron a súa recompensa cunha experiencia inesquecible gravando como profesionais nos estudios A Pastora. 



Búscanse compositores/as. Valor: Incalculable

Os nenos e nenas de 6º de Primaria da escola de Chans convertíronse en 'cazarecompensas' para ir na procura duns personaxes desaparecidos hai tempo. O seu valor? Incalculable.
Para ver o resultado das súas pesquisas, premede na imaxe e accederedes á páxina web que elaboraron entre todos.

19 sept. 2017

As calidades do son

Visita da Banda de Bembrive

Como cada curso, a banda de Bembrive visitou a nosa escola para ofrecernos un concerto didáctico e presentarnos todos os seus instrumentos. Moitos dos seus membros son alumnos e ex alumnos de Chans. Encántanos velos pola escola!






29 may. 2017

O Coro das emocións 2016/2017

6º de Primaria













4º de Primaria










4º de Infantil

21 may. 2017

Os Bombrivers


"Os Bombrivers" durante un dos últimos ensaios. Cada día somos máis!


13 may. 2017

O coro das emocións en Santiago

Pinchando no enlace podedes ver o vídeo da actuación do alumnado de 6º no certame "Somos Creativos" celebrado en Santiago de Compostela o pasado venres, 12 de maio.





2 mar. 2017

Pequena percusión


Os nenos e nenas de 5 anos axúdannos a coñecer os instrumentos da aula de música.


11 feb. 2017

Sia - "Cheap Thrills"


Unha curiosa versión de "Cheap Thrills" de Sía, a canción que escolleron os nenos e nenas de 6ºB para tocar na clase de música.


2 feb. 2017

"Cuánto me duele" de Morat

No seguinte vídeo pódese ver ao alumnado de 6º ensaiando a canción que escolleron para traballar no primeiro trimestre: "Cuánto me duele" de Morat. Costounos bastante montala, porque é moi difícil cantar e tocar á vez, pero parece vai soando ben e nun par de clases estará rematada. 


Monstros e demais

Os nenos e nenas de 3º prepararon durante o primeiro trimestre a canción "Monstros e demáis" de Mamá Cabra. Tiveron a sorte de estrear as novas campás tubulares que mercamos para a clase. 



1 feb. 2017

Os Bombrivers

No mes de decembro, "Os Bombrivers" -un grupo formado por nenos e nenas de 5º e 6º e a profe de música- participaron nos Artistas de Chans interpretando dúas pezas. Pronto comezarán os ensaios para a segunda actuación coa incorporación de novos músicos ao grupo. Estade atentos!





21 dic. 2016

A música nas obras de arte


No seguinte vídeo podedes ver unha manchea de obras de arte nas que esta presente a música. Coñecedes o título dalgunha delas? E o nome dos instrumentos que aparecen?

13 dic. 2016

A lenga-lenga

Os nenos e nenas de 2º A ensaian na clase de Música "A lenga-lenga do Xanduca", de María Fumaça.