SEMANA 6
Ola a todos e todas! Como pasastes a semana? Espero que vós e as vosas familias continuedes ben.
Rematamos a canción da frauta sen demasiado éxito, xa que só 4 nenos e nenas enviaron a actividade ou escribiron para contarme como lles ía, así que non sei moi ben como vos foi co tema aos demáis. Podedes poñervos ao día con ela, de tódolos xeitos, vendo os vídeos nas tarefas anteriores.
Continuamos cunha tarefa moi sinxeliña que espero poidades facer todos e todas. Trátase do acompañamento con percusión corporal do tema principal da película "Harry Potter y la piedra filosofal".
Para facelo, envíovos un vídeo no que atoparedes o exemplo e a partitura.
Premede na imaxe para velo ou descargalo:
Déixovos tamén a partirura das diferentes partes para que a poidades ver fóra do vídeo.
Despois de practicalo, intentade contestar ás seguintes preguntas:
1. Que outas bandas sonoras compuxo o autor desta música?
2. En qué compás (dous por catro, tres por catro ou catro por catro) está cada parte?
Fíxate cada cantos pulsos está o pulso forte.
Frase A: 2/4 3/4 4/4
Frase B: 2/4 3/4 4/4
Frase C: 2/4 3/4 4/4
Déixovos o correo unha vez máis por se precisades algunha cousiña
ou queredes compartir o voso traballo. Boa semana!
musichans2@gmail.com
Hola, son Carme. Escribo para responder ás preguntas.
ResponderEliminar1:Tiburón, E.T., el extraterrestre, Superman, Star Wars, Indiana Jones, Parque Jurásico, La lista de Schindler e Home Alone.
2:Frase A:3/4
Frase B:3/4
Frase C:4/4
Xenial, Carme! Desculpa, non me saltou o aviso da túa mensaxe. Está perfecto. Apertas
Eliminar