..::"Creo que é possible vivir sen música, aínda que non sería agradable"(Brian Molko)::..

19 may 2020

4º de Primaria - Semana 9

SEMANA 9


Ola a todos e todas!

Que tal a semana? Encantáronme os vosos instrumentos. Algúns eran realmente orixinais e cuns nomes moi simpáticos. Grazas por envialos.

Esta semana propóñovos un reto. É unha coreografía sinxela con percusión corporal que se vai complicando pouco a pouco. O reto ten varios niveis que van aparecendo no vídeo que vos envío:

Nivel 1: Paso a paso sen música e cunha man

Nivel 2: Despaciño, con música, cunha man

Nivel 3: Rápido, con música, cunha man e engadindo un novo elemento

Nivel 4: Con dúas mans!

O segredo para alcanzar o último nivel é que o primeiro e o segundo saian moi moi ben, así que o que chegue ao nivel 2 xa terá o reto conseguido.


Quen se anima a chegar ao nivel 4?





musichans2@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario