..::"Creo que é possible vivir sen música, aínda que non sería agradable"(Brian Molko)::..

16 mar 2020

3º de Primaria - Semanas 1 e 2

SEMANA 2

Coro das emocións: Esta semana podedes aproveitar para practicar unha das cancións que estamos traballando:

https://www.youtube.com/watch?v=cSC8Zikr7lA&list=PLQRr3qHzAoqgMjAMQBU8PJK3dCWDVYeEP

Audición: Como vos foi coa primeira audición? Algunha idea interesante? Propóñovos unha nova, de Pablo Sarasate, para pasar o tempo escoitando boa música e imaxinando historias. Como a semana pasada, non é necesario que o escribades, pero se vos animades compartídeo nos comentarios!


NOTA: Para poder abrir o enlace correctamente, debedes permitir o uso de FLASH ao PC.




SEMANA 1


Déixovos uns enlaces por se vos apetece pasar o tempo recordando algunha das cousas que estamos a traballar na clase. O último é unha audición. Se sabedes que instrumento está a soar e de que familia é escribídeo nos comentarios! Saudiños!


Preme no enlace para realizar ditados de negras, corcheas e silencios.

https://aprendomusica.com/const2/04dictadoRitmico/index.html

Xogo de memoria de elementos que podemos atopar nunha partitura. Podes recordalos?

https://aprendomusica.com/const2/19memorysignos1/memorysignos1.html

Audición: Escoita esta peza tan coñecida e intenta imaxinar unha pequena historia. Non fai falta que a escibas, pero se te animas a facelo, compártea con todos nos comentarios!

http://mariajesusmusica.wix.com/imaginacion01#!

No hay comentarios:

Publicar un comentario