SEMANA 2
Como foi a semana coa frauta? Seguro que xa podedes ir practicando a segunda parte sen problema. Se precisades vela máis despaciño escribide nos comentarios e enviarei un vídeo máis lentiño e por partes.
Coro das emocións: Esta semana déixovos un enlace para practicar a canción da banda sonora da película "La vida es bella". Recordade que non tedes que cantar o que vai entre paréntese.
SEMANA 1
Déixovos unha axudiña para seguir practicando a canción que estabamos traballando na clase. Podedes intentar facela enteira xa que vos deixo un vídeo coas posicións para que toquedes como facemos na clase. Moito ánimo e, se tedes dúbidas, escribídeas nos comentarios e así poden servir para axudar a todos e a todas. Saudiños!
No hay comentarios:
Publicar un comentario