..::"Creo que é possible vivir sen música, aínda que non sería agradable"(Brian Molko)::..

13 abr 2020

3º de Primaria - Semana 4

SEMANA 4

Ola a todos e a todas! Que tal as "vacacións"? Espero que esteades ben e que veñades con ganas de facer cousas!

Esta semana propóñovos un reto. Imos acompañar unha canción en catalán cunha pequena coreografía de percusión corporal. É todo un desafío, porque non é nada fácil, pero confío en que vos vai sair estupendamente. Estades preparados/as?

Para facelo, déixovos dous vídeos. 


  • No primeiro fago a coreografía deseguido, coa música. Intentade facelo sobre a marcha, a ver que sae!



  • No segundo fago a coreografía paso a paso, para que a vaiades vendo por partes tantas veces como sexa preciso, e o xuntedes todo para conseguir facela completa.




BOA SORTE!


Se vos animades, podedes enviar un vídeo co reto conseguido ao correo!

musichans2@gmail.com

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario