Ola a todos e todas! Como foron esas "vacacións"? Espero que esteades ben, vós e as vosas familias, e que veñades con ganas!
Hoxe traio dúas propostas:
1. A primeira é retomar a partitura da peza que estabamos a traballar coa frauta. Só a imos observar para ver o que non entendemos ou non recordamos. Sen agobios. O que vos pido é que comentedes no blogue ou por email as dúbidas ou problemas que teñades para que eu saiba por onde continuar.
Esta semana imos repasar a partitura, sen necesidade de tocala, da seguinte forma:
- Lectura de notas: sol, la, si, do': Vai vendo cada nota e identificándoa, así a próxima semana será máis fácil comezar a tocar. Non hai que ler rápido, nin de memoria, simplemente ir vendo cómo se chama cada nota.
- Lectura rítmica: Podemos utilizar as sílabas rítmicas
2. Como segunda tarefa propóñovos un reto: imos acompañar unha canción en catalán cunha pequena coreografía de percusión corporal. É todo un desafío, porque non é nada fácil, pero confío en que vos vai sair estupendamente. Estades preparados/as?
Para facelo, déixovos dous vídeos.
- No primeiro fago a coreografía deseguido, coa música. Intentade facelo sobre a marcha, a ver que sae!
- No segundo vídeo fago a coreografía paso a paso, para que a vaiades vendo por partes tantas veces como sexa preciso, e o xuntedes todo para conseguir facela completa.
BOA SORTE!
Se vos animades, podedes enviar un vídeo co reto conseguido ao correo!
musichans2@gmail.com
hola ana,¿como estas?.Soy Iago. estoy practicando mucho.Cuando este listo te mandare el video.
ResponderEliminarOla Iago! Estou ben, encantada de saber de ti! Encántame saber que estás practicando e que non perdes as ganas de aprender. Espero que na casa esteades ben tamén. Quedo á espera do teu vídeo! Un biquiño
Eliminarola, son Ivan Coto,non ten sonido o video pero fixome nos movementos.
ResponderEliminarun saudo.
Bo día, Iván! Que raro que o poidas ver pero non escoitar, porque vai todo unido. Non sei se algúen máis está tendo ese problema. Mándame un correo se queres e che mando a canción para que a teñas: musichans2@gmail.com
EliminarAlégrome de que esteas practicando. Ánimo!
Gracias,,ten ser problema do ordenador, pero no tlf móvil si se pode escoitar,
ResponderEliminarUn abrazo◽🎸🎶🎶
Estupendo! Pois a practicar!
Eliminar