Despois do reto da semana pasada, que moitos e moitas conseguistes facer moi ben, esta semana traio algo máis sinxeliño. Un pouco de teoría para que non se nos esqueza e un exercicio escrito para facer algo de caligrafía musical.
Para recordar as figuras redonda, branca e negra podedes ver o seguinte vídeo:
Unha vez visto, imos inventar un ritmo de 8 compases en 4/4 (catro por catro). Recordade que en cada compás entrarían 4 pulsos. Podedes facelo na libreta ou nun folio en branco, xa que non necesitades pentagrama. Cunha liña horizontal e as liñas divisorias (que son as que separan os compases) é suficiente.
RECORDA:
O silencio de branca colócase enriba da liña.
O silencio de redonda colócase debaixo da liña.
Para podelo corrixir, podedes sacarlle unha fotografía e enviala ao email da aula:
musichans2@gmail.com
Podedes seguir practicando a canción da semana pasada, "Sopa amb trossets de pa", que sei que era moi difícil! Aínda estades a tempo de enviala! Ánimo!
ENLACE ÁS TAREFAS ANTERIORES

No hay comentarios:
Publicar un comentario