SEMANA 5
Bo día a todos e todas!
Bo día a todos e todas!
Como vai esa peza coa frauta? Esta semana darémola por rematada, así que me gustaría ver como ides ou se precisades algo. Para saber se a estades facendo ben, podedes tocala comigo, á vez que o vídeo, pero tamén vos deixo esta semana o acompañamento que tocaríamos cos instrumentos de placas se estivésemos na aula de música, para que toquedes a melodía por enriba. A velocidade ideal sería esa, pero se alguén quere que lla mande máis lenta só ten que pedila.
Partitura
Vídeo coa dixitación
Acompañamento para tocar sobre el
Esta semana non vou enviar ningunha outra proposta, porque prefiro que vos centredes nisto para poder continuar. Ademáis, moitos e moitas de vós aínda non me enviastes ningún vídeo facendo algunha das tarefas, ou un email contando como ides, así que podedes aproveitar esta semana para compartir algunha delas se queredes. Abaixo déixovos un enlace para que as poidades volver abrir.
Animádevos a enviar o voso traballo a musichans2@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario