Ola ola! Como segue ese ánimo? Moi ben todos eses exercicios que recibín! Estades feitos uns músicos estupendos!
Esta semana imos facer algo diferete. Para recordar o compás de tres por catro, imos seguir un musicograma. Recordades o que era?
Un musicograma é unha representación da música mediante debuxos ou formas. A música que imos escoitar é o "Minueto do Septimino", de Beethoven. Podedes ver o que hai que facer no seguinte vídeo:
Para facelo e seguilo necesitaredes o seguinte:
- 1 vaso de plástico ou metal (de cristal mellor non, que podería romper)
- 2 folios
- rotuladores
PASO 1
Debuxar ou imprimir o musicograma:
No vídeo podedes ver como fixen eu para debuxalo nun periquete.
Se preferides imprimilo, premede na imaxe para descargar o documento
PASO 2
Escoitar a música e seguir o musicograma á vez que ves o vídeo (por se te perdes)
Fixádevos en que hai un pulso forte de cada tres, polo que mentalmente temos que ir contando (un, dous, tres, un, dous, tres...)
Os círculos e as nubes valen 1 pulso
Os arcos da vella valen 3 pulsos
PASO 3
Escoitar a música e seguir o musicograma ti só/soa
musichans2@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario