..::"Creo que é possible vivir sen música, aínda que non sería agradable"(Brian Molko)::..

26 abr 2020

2º de Primaria - Semana 6

SEMANA 6

Moi ben ese ritmo do Brasil!! 

Esta semana volvemos coa lectura rítmica relacionando as palabras coas figuras musicais como vemos na imaxe. 
SOL - negra 
(ocupa 1 cama para durmir)

NUBE - dúas corcheas 
(que sempre van da man e, xuntas, ocupan 1 cama)




Temos que ir lendo ao ritmo que marcan os vagóns do tren de redonda, sen perder o pulso (recordades a historia?). Cada vagón (ou compás) ten dúas camas. Non é fácil, porque vai bastante rápido, pero se o practicades un pouquiño sairá seguro. Premede no vídeo para ver como é a actividade. 



Podédela facer varias veces de distintas formas, como facemos na clase:

1. Lendo con palabras: NUBE-SOL
2. Lendo con palabras e palmas
3. Sen dicir as palabras. Tocando o ritmo con palmas ou con algo que faga de baquetas e tambor (recodade ir pensando as palabras na cabeza!)



musichans2@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario