Comezamos a semana coa nova peza. Como algúns de vós adiviñastes, era o "Himno da alegría", da 9ª sinfonía de Beethoven. Para esta parte da sinfonía, o compositor púxolle música á "Oda á alegría", un poema dun escritor alemán.
1. A ver se podes contestar ás seguintes preguntas:
- Como se chamaba o autor do poema "Oda á alegría" que pon letra a unha parte da 9ª sinfonía de Beethoven?
- Por que outro nome se coñece este "Himno da alegría" dende o ano 1985?
2. Despois da análise da partitura da semana pasada, e de resolver as dúbidas que tiñades, podemos comezar a tocar a frase A.
Deixo o vídeo para aprendela por imitación. Ímonos centrar nos catro primeiros compases, pero vou tocar toda a frase sen repetición para quen queira tirar para adiante pola súa conta.
3. Como hai moitos nenos e nenas que aínda non me mandaron nada durantes as pasadas semanas, anímovos a que fagades algunha das actividades rítmicas que xa mandei, xa que para a semana vou enviar unha nova e non quero que as perdades. Podedes acceder a elas no enlace de abaixo.
Un aperta para todos e todas, e a seguir traballando!! Ánimo!!
musichans2@gmail.com
Que bonita te salió la canción de la alegría Ana
ResponderEliminarGrazas!
EliminarUnha pregunta Ana
ResponderEliminarA partitura de Beethoven temos que cópiala na libreta de música?
Como queirades. Se a copiades ou a imprimides é máis cómodo para traballar con ela, pero non tedes que facelo obrigatoriamente.
Eliminar