SEMANA 5
Despois do reto da semana pasada, que moitos e moitas conseguistes facer moi ben, esta semana imos comezar coa frauta. Empezaremos de cero para que ninguén se quede atrás, pero os que queiran poden seguir avanzando pola súa conta.
Durante estes días practicaremos a frase A, que son os catro primeiros compases da partitura. Fixádevos que está en tres por catro, o que quere dicir que hai tres pulsos en cada compás.
Déixovos un vídeo coa dixitación para que o poidades aprender por imitación, como facemos na clase. Está toda a canción, pero ímonos centrar nos 4 primeiros compases.
Podedes seguir practicando a canción da semana pasada, "Sopa amb trossets de pa", que sei que era moi difícil! Aínda estades a tempo de enviala! Ánimo!
musichans2@gmail.com
ENLACE ÁS TAREFAS ANTERIORES
musichans2@gmail.com
ENLACE ÁS TAREFAS ANTERIORES
No hay comentarios:
Publicar un comentario