..::"Creo que é possible vivir sen música, aínda que non sería agradable"(Brian Molko)::..

13 abr 2020

4º de Primaria - Semana 4

SEMANA 4


Ola a todos e todas! Como foron esas "vacacións"? Espero que esteades ben, vós e  as vosas familias, e que veñades con ganas!

Hoxe traio dúas propostas:

1. A primeira é retomar a partitura da peza que estabamos a traballar coa frauta. Só a imos observar para ver o que non entendemos ou non recordamos. Sen agobios. O que vos pido é que comentedes no blogue ou por email as dúbidas ou problemas que teñades para que eu saiba por onde continuar.


Esta semana imos repasar a partitura, sen necesidade de tocala, da seguinte forma:

      - Lectura de notas: sol, la, si, do': Vai vendo cada nota e identificándoa, así a próxima semana será máis fácil comezar a tocar. Non hai que ler rápido, nin de memoria, simplemente ir vendo cómo se chama cada nota.



      - Lectura rítmica: Podemos utilizar as sílabas rítmicas 





2. Como segunda tarefa propóñovos un retoimos acompañar unha canción en catalán cunha pequena coreografía de percusión corporal. É todo un desafío, porque non é nada fácil, pero confío en que vos vai sair estupendamente. Estades preparados/as?

Para facelo, déixovos dous vídeos. 


  • No primeiro fago a coreografía deseguido, coa música. Intentade facelo sobre a marcha, a ver que sae!


  • No segundo vídeo fago a coreografía paso a paso, para que a vaiades vendo por partes tantas veces como sexa preciso, e o xuntedes todo para conseguir facela completa.


BOA SORTE!


Se vos animades, podedes enviar un vídeo co reto conseguido ao correo!

musichans2@gmail.com


6 comentarios:

  1. hola ana,¿como estas?.Soy Iago. estoy practicando mucho.Cuando este listo te mandare el video.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Iago! Estou ben, encantada de saber de ti! Encántame saber que estás practicando e que non perdes as ganas de aprender. Espero que na casa esteades ben tamén. Quedo á espera do teu vídeo! Un biquiño

      Eliminar
  2. ola, son Ivan Coto,non ten sonido o video pero fixome nos movementos.

    un saudo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Bo día, Iván! Que raro que o poidas ver pero non escoitar, porque vai todo unido. Non sei se algúen máis está tendo ese problema. Mándame un correo se queres e che mando a canción para que a teñas: musichans2@gmail.com

      Alégrome de que esteas practicando. Ánimo!

      Eliminar
  3. Gracias,,ten ser problema do ordenador, pero no tlf móvil si se pode escoitar,
    Un abrazo◽🎸🎶🎶

    ResponderEliminar