Ola a todos e todas! Como vos foi co musicograma do Minueto de Beethoven?
Esta semana propóñovos unha tarefa requetefaciliña para que poidades repasar con calma a frauta e xuntar a parte A e a parte B para poder tocala toda enteira coa base musical.
Recordades cando tocamos na clase con pauciños chineses? Imos facer algo parecido, pero esta vez tocaremos con culleres, que é máis probable que as teñades na casa, non si?
Para realizar a actividade necesitaredes só dúas culleres. Colocádeas como fago eu no vídeo e seguide a partitura. Vai rápido, pero non é difícil porque só temos que ler negras, silencios de negra e corcheas.

A música que imos acompañar é a "Danza da fada de azucre"
do "Crebanoces" de Tchaikovski.
--------------------------------------
FRAUTA
Para xuntar as dúas partes e dar por rematada a peza, déixovos a partitura, o vídeo coa dixitación e a base musical para que toquedes sobre ela.
Base musical
Moitos e moitas de vós aínda non enviastes ningunha tarefa de música. Anímovos a que o fagades ou a que enviedes un correo comentando como ides coas tarefas.
Ánimo!

musichans2@gmail.com
Ola!Ana o vídeo das culleres vese dende a metade,non vai non sei si o demais teñen mesmo problema.
ResponderEliminarOla Iván. Desculpa, non me saltou o aviso da túa mensaxe. Pois non sei se alguén máis ten problema con iso. Pásoche o enlace por aquí a ver se o ves mellor:
ResponderEliminarhttps://drive.google.com/file/d/1w1S121j9R1eAmnZin1ABPmCIGBymHLN_/view?usp=sharing
Saúdos