..::"Creo que é possible vivir sen música, aínda que non sería agradable"(Brian Molko)::..

4 may 2020

1º e 2º de Primaria - Semana 7

SEMANA 7

Bo día! Grazas a todos e todas os en enviastes as vosas tarefas durante a semana. Moi bo traballo!

Esta semana traio un reto para traballar a atención e o ritmo. Non é nada fácil! Para facelo precisaredes catro papeliños de cores: verde, laranxa, amarelo e azul

Se non tedes folios de cores, cortade un folio en 4 trozos e coloreade cada un dunha cor. Tedes que colocalos como aparece no vídeo, na mesma orde, e repetir todo o que eu faga.

Veredes no vídeo que na pantalla superior aparece o modelo que fago eu e na inferior a repetición, que é o que tedes que facer vós.



Sorte!!

Podedes seguir compartindo as vosas tarefas enviándoas ao correo da aula de música:


No hay comentarios:

Publicar un comentario