Ola ola! Seguimos unha semana máis! Como o levades? Alguén se animou a facer a coreografía da semana pasada en parella? Pode resultar divertido!
1. Traio hoxe unha proposta diferente: unha audición.
Podedes facela por escrito ou simplemente imaxinalo, como vos apeteza. Tamén pode ser interesante que quen queira escriba a súa proposta nos comentarios do blogue, así todos e todas poderemos lelo. Poñede a traballar a imaxinación! Non hai respostas erróneas, porque cada quen inventa a súa.
Para a semana completarei a tarefa coa información que falta e saberemos o nome da peza, o seu autor e a verdadeira historia que el quería contar.
Premede na imaxe e accederedes á audición e á explicación da actividade.
Podedes facela por escrito ou simplemente imaxinalo, como vos apeteza. Tamén pode ser interesante que quen queira escriba a súa proposta nos comentarios do blogue, así todos e todas poderemos lelo. Poñede a traballar a imaxinación! Non hai respostas erróneas, porque cada quen inventa a súa.
Para a semana completarei a tarefa coa información que falta e saberemos o nome da peza, o seu autor e a verdadeira historia que el quería contar.
2. Como vai esa frauta? Se precisades axuda con algo non dubidedes en escribirme. É a última peza que imos tocar, así que non vos agobiedes se ides con retraso e a queredes tocar. Non hai problema!
musichans2@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario