..::"Creo que é possible vivir sen música, aínda que non sería agradable"(Brian Molko)::..

9 may 2020

5º de Primaria - Semana 8

SEMANA 8

Ola ola! Seguimos unha semana máis! Como o levades? Espero que vos gustara a canción da semana pasada. 

1. Traio hoxe unha proposta diferente: unha audición.

Premede na imaxe e accederedes á audición e á explicación da actividade.

Podedes facela por escrito ou simplemente imaxinalo, como vos apeteza. Tamén pode ser interesante que quen queira escriba a súa proposta nos comentarios do blogue, así todos e todas poderemos lelo. Poñede a traballar a imaxinación! Non hai respostas erróneas, porque cada quen inventa a súa.

Para a semana completarei a tarefa coa información que falta e saberemos o nome da peza, o seu autor e a verdadeira historia que el quería contar.




2. Como vai esa frauta? Se precisades axuda con algo non dubidedes en escribirme. É a última peza que imos tocar, así que non vos agobiedes se ides con retraso e a queredes tocar. Non hai problema!

musichans2@gmail.com





2 comentarios:

  1. título: danza gay
    A escea transcorre nunha pradeira, ao principio aparecen o trío de ouro e o trío de prata de Harry Potter. Despois chegan os persoaxes deste pase de batalla desta tempada de Fortnite, unha música empeza a soar e bailan por parellas gays.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Aldara! Nuns días poderedes ver que foi o que imaxinou o autor cando compuxo está música. Saúdos!

    ResponderEliminar