Ola ola!! Que tal esas estrañas "vacacións"? Espero que tanto vós como as vosas familias esteades ben e gocedes de boa saúde.
Comezamos a semana avanzando un pouquiño no que xa estabamos traballando e cunha nova proposta rítmica. Como ninguén compartiu ningún vídeo nin inquedanza, non sei como van as cousas, pero espero que vaia saindo todo ben. Agradezo aos que enviastes dúbidas con respecto á frauta, xa que iso é signo de que estades traballando!
................................
1. Para empezar, comezaremos coa parte B da peza de frauta que estabamos a traballar. É moito máis fácil que a primeira, así que vos animo a que o intentedes sen medo. Verémola durante as próximas dúas semanas e intentaremos traballala como facemos na clase:
- Lectura das notas: do, re, mi, fa, sol, la, si, do', re'. Intentade ir identificando as notas pouco a pouco, sen agobios. Non se trata de aprendela de memoria, nin de recitala a toda velocidade, pero nos vai axudar a tocala despois.
- Lectura rítmica, utilizando sílabas rítmicas
- Aprendizaxe da melodía na frauta por imitación: Deixo un vídeo da peza completa. Recordade seguir os signos de repetición, de xeito que a forma da peza será: ABBA
....................................
2. E para descansar a cabeciña e espertar un pouco o corpo, a segunda proposta é un ritmo coas mans. Algo máis sinxelo que o do vaso da última tarefa, a ver se así vos animades a envialo. Deixo un vídeo co ritmo feito en grupo (o ideal é que cheguedes a facelo á vez que os do vídeo) e outro co titorial para aprendelo paso a paso. Sorte!
Enlace ao vídeo
Enlace ao titorial
Animádevos a enviar o voso traballo a musichans2@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario