Ola a todos e todas! Espero que esteades ben e as vosas familias tamén, e que veñades con ganas despois destes días de "vacacións"!
Quero agradecer a Aldara e a Anxo que compartisen o vídeo da tarefa que mandei a semana pasada. Encantoume! Era realmente difícil e fixérono estupendamente. Tamén Pedro e Anxo enviaron os seus progresos coa frauta! Da gusto ver como traballades pola vosa conta así de ben. Parabéns! Os demáis aínda estades a tempo de compartir o voso traballo. Animádevos!
1. Como só sei dos avances e dúbidas de dous alumnos/as de 5º con respecto á frauta, darei por feito que ninguén tivo problemas e tiraremos para adiante. Imos comezar unha nova peza ben coñecida por todos/as. No é difícil, pero de tódolos xeitos irei enviando axudiñas.
- O primeiro reto vai ser adiviñar o título e o autor da peza. Para elo, déixovos a partitura e a audición.
PARTITURA
AUDIO
- Despois, só imos analizar os elementos da partitura: compás, notas, figuras, cantas partes ten, os signos de repetición... Aproveitade esta semana para preguntar as dúbidas que teñades porque para a semana comezaremos a tocar! Podedes facelo nos comentarios do blogue ou por correo electrónico a musichans2@gmail.com. Tamén podedes utilizar os mesmos medios para enviar o título e o autor.
2. Despois do ritmo con vasos, hoxe deixo un novo reto: ritmo coas mans. É máis faciliño, a ver se así vos animades a facelo e compartilo. Deixo un vídeo co ritmo feito en grupo (o ideal é que cheguedes a facelo á vez que os do vídeo) e outro co titorial para aprendelo paso a paso. Sorte!
2. Despois do ritmo con vasos, hoxe deixo un novo reto: ritmo coas mans. É máis faciliño, a ver se así vos animades a facelo e compartilo. Deixo un vídeo co ritmo feito en grupo (o ideal é que cheguedes a facelo á vez que os do vídeo) e outro co titorial para aprendelo paso a paso. Sorte!
Enlace ao vídeo
Enlace ao titorial
Animádevos a enviar o voso traballo a musichans2@gmail.com. Se o vídeo pesa demasiado, o ideal é que o subades a Google Drive ou Google Fotos e compartades o enlace por correo. Podedes facelo con calquera conta de Gmail.
Hola Ana. No puedo escuchar el audio. ¿podrías poner otro enlace?
ResponderEliminarOla, Ana! A nós pásanos igual, non aparece o audio...
ResponderEliminarOla! xa cambiei o enlace. Dicídeme se se escoita agora, se non busco a maneira de facelo doutro xeito.
ResponderEliminar