..::"Creo que é possible vivir sen música, aínda que non sería agradable"(Brian Molko)::..

5 may 2020

3º de Primaria - Semana 7

SEMANA 7

Ola a todos e todas! Como vos foi co musicograma do Minueto de Beethoven? Os que puiden ver facíano estupendamente!

Esta semana propóñovos unha tarefa sinxeliña, pero para facela hai que ter todos os sentidos ben espertos, porque vai moi rápido.

Recordades cando tocamos na clase con pauciños chineses? Imos facer algo parecido, pero esta vez tocaremos con culleres, que é máis probable que as teñades na casa, non si?

Para realizar a actividade necesitaredes só dúas culleres. Colocádeas como fago eu no vídeo e seguide a partitura. Vai rápido, pero non é difícil porque só temos que ler negras, silencios de negra e corcheas.

A música que imos acompañar é a "Danza da fada de azucre" 
do "Crebanoces" de Tchaikovski. 




Moitos e moitas de vós aínda non enviastes ningunha tarefa de música. Anímovos a que o fagades ou a que enviedes un correo comentando como ides coas tarefas.

Ánimo!



musichans2@gmail.com



No hay comentarios:

Publicar un comentario