SEMANA 8
Ola a todos e todas!! Como foi esta semana? Fixestes un bo traballo cos ritmos de cores! Non era nada fácil.
Recordades o tambor que fixen cun bol de metal e dúas pinturas para acompañar o Jazz Legato?.
Esta semana propóñovos que inventedes o voso propio instrumento con cousas que teñades pola casa, con materiais reciclados ou elementos da natureza (aproveitando que xa podemos saír un pouquiño).
Se vos animades a facelo, podedes compartilo facéndolle unha foto ou un pequeno vídeo para escoitar como soa. Recordade poñerlle un nome orixinal e indicar a que familia pertence:
CORDA: Se o que produce o son é unha corda que vibra
VENTO: Se o que produce o son é o aire ao entrar en vibración
PERCUSIÓN: Se o son se produce ao golpear ou axitar o instrumento
Para probar o voso instrumento, podedes acompañar o Jazz Legato de Leroy Anderson, e así o recordamos.
Preme para acceder ao vídeo
Partitura
musichans2@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario