Ola a todos e todas! Como ides? Encantáronme os vosos vídeos tocando o ritmo da "Danza da fada de azucre" de Tchaikovski. Como podedes ver, con calquera cousa que teñamos na casa podemos facer un instrumento musical.
Esta semana propóñovos que inventedes o voso propio instrumento con cousas que teñades pola casa, con materiais reciclados ou elementos da natureza (aproveitando que xa podemos saír un pouquiño).

Se vos animades a facelo, podedes compartilo facéndolle unha foto ou un pequeno vídeo para escoitar como soa. Recordade poñerlle un nome orixinal e indicar a que familia pertence:
CORDA: Se o que produce o son é unha corda que vibra
VENTO: Se o que produce o son é o aire ao entrar en vibración
PERCUSIÓN: Se o son se produce ao golpear ou axitar o instrumento
Para probalo, podedes facer o exercicio da semana pasada co voso novo instrumento.

musichans2@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario