..::"Creo que é possible vivir sen música, aínda que non sería agradable"(Brian Molko)::..

8 may 2020

4º de Primaria - Semana 8

SEMANA 8

Ola ola! Como ides? Encantáronme os vosos vídeos tocando o ritmo da "Danza da fada de azucre" de Tchaikovski. Como podedes ver, con calquera cousa que teñamos na casa podemos facer un instrumento musical.

Esta semana propóñovos que inventedes o voso propio instrumento con cousas que teñades pola casa, con materiais reciclados ou elementos da natureza (aproveitando que xa podemos saír un pouquiño).

Se vos animades a facelo, podedes compartilo facéndolle unha foto ou un pequeno vídeo para escoitar como soa. Recordade poñerlle un nome orixinal e indicar a que familia pertence:

CORDA: Se o que produce o son é unha corda que vibra

VENTO: Se o que produce o son é o aire ao entrar en vibración

PERCUSIÓN: Se o son se produce ao golpear ou axitar o instrumento


Para probalo, podedes facer o exercicio da semana pasada co voso novo instrumento.






--------------------------------------

FRAUTA

Xa vos animastes a tocar a peza coa base musical?
 Déixovola de novo por se aínda seguides a practicar.


musichans2@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario