SEMANA 7
Boas a todos e todas! Como seguides? Espero que ben! Como vos foi coa tarefa de Harry Potter? Aínda estades a tempo de enviala!
1. Esta semana imos facer tamén algo de percusión corporal, pero cunha música ben diferente e que coñecedes moi ben! Trátase da canción "Aves enjauladas", de Rozalén. Despois de ver o precioso vídeo que fixéstedes, atopei esta coreografía que me encantou. Veredes que ao principio se vos pide que fagades unha paxariña de papel, pero non é preciso se non vos apetece.
O ideal é o fagades cunha parella, xa que a coreografía é para facer entre dous, pero por se non tedes a ninguén que se anime, incluín no vídeo unha adaptación para facer de xeito individual. Así que non hai escusa! Animádevos a facela, que é unha canción preciosa.

Aí tedes o correo por se queredes compartir o voso traballo ou enviar un correo comentando como vos vai. Animádevos, alegrarame saber de vós!
musichans2@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario