SEMANA 7
Boas a todos e todas! Como seguides? Espero que ben! Como vos foi coa tarefa de Harry Potter? Aínda estades a tempo de enviala!
1. Esta semana imos facer tamén algo de percusión corporal, pero cunha música ben diferente. Trátase da canción "Aves enjauladas", de Rozalén. O ideal sería que o fixerades cunha parella, xa que a coreografía é para facer entre dous, pero por se non tedes a ninguén que se anime, incluín no vídeo unha adaptación para facer de xeito individual. Así que non hai escusa! Animádevos a facela, que é unha canción preciosa.
2. E continuamos co Himno da alegría. Algúns nenos e nenas ya mandaron a canción completa, pero seguimos paso a paso e esta semana comezamos coa parte B. Por se queda algún rezagado ou rezagada, deixo a partitura, o vídeo da parte A e o vídeo da parte B.
Partitura
Frase A
Frase B
Recordade enviar vídeos das tarefas ou un email comentando como vos foi facéndoas ao correo da aula de música:
musichans2@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario