SEMANA 9
Ola a todos e todas!
Que tal a semana? Encantáronme os vosos instrumentos. Algúns eran realmente orixinais e cuns nomes moi simpáticos. Grazas por envialos.
Esta semana propóñovos un
reto. É unha coreografía sinxela con percusión corporal que se vai complicando pouco a pouco. O reto ten varios niveis que van aparecendo no vídeo que vos envío:
Nivel 1: Paso a paso sen música e cunha man
Nivel 2: Despaciño, con música, cunha man
Nivel 3: Rápido, con música, cunha man e engadindo un novo elemento
Nivel 4: Con dúas mans!
O segredo para alcanzar o último nivel é que o primeiro e o segundo saian moi moi ben, así que o que chegue ao nivel 2 xa terá o reto conseguido.
Quen se anima a chegar ao nivel 4?